mércores, 10 de febreiro de 2021
luns, 8 de febreiro de 2021
SEGUIMOS TRABALLANDO
Pois si, as colaboradoras e colaboradores seguen traballando arreo para deixar a biblio fantástica para cando poidamos usala.
Xa comezaron a mover fondos despois de montar moitos dos mobles novos.
Fantástico! A seguir así!!
luns, 1 de febreiro de 2021
Día da Paz no PDI: REFLEXIÓN SOBRE O DEREITO Á SAÚDE
Tal e como comeza o noso traballo...
PORQUE É IMPOSIBLE VIVIR EN PAZ
SEN GARANTIR O ACCESO UNIVERSAL A UNHA ATENCIÓN
SANITARIA UNIVERSAL E DE CALIDADE...
...a proposta de traballo para este día dende a biblio, e contribuíndo ao proxecto que estamos levando a cabo, era a de facer un dossier protesta onde se evidenciara a cantidade de vulneracións que sufre o dereito á saúde cada día e arredor de todo o mundo.
Deixámosvos un dossier plagado de exemplos e sabias reflexións das nenas e nenos que vos convidamos a visionar con calma.
sábado, 30 de xaneiro de 2021
Instalación colaborativa polo Día da Paz
Creamos con motivo do Día da Paz unha instalación colaborativa na que por grupos reflexionaron sobre porque se celebra ese día, que significa a palabra paz, e que está na nosa man para mantela na nosa contorna e de en todos os contextos posibles. Con todos eses bos desexos e algunhas palabras en algún dos casos, cada grupo decorou o seu símbolo da Paz.
A idea era poñela no exterior do centro, pero como os temporais non nos dan tregua, de momento luce na entrada do cole.
domingo, 24 de xaneiro de 2021
COÑECEMENTOS PREVIOS
MENS SANA IN CORPORE SANO
O primeiro paso para comezar a investigar é partir dos coñecementos previos e das inquedanzas dos investigadores e investigadoras.
E agora... Que sabemos? Que queremos saber?
domingo, 17 de xaneiro de 2021
Arrancamos motores co proxecto de centro!
MENS SANA IN CORPORE SANO
Para interpretar a actual situación sanitaria e poñer en marcha mecanismos de prevención para a saúde, tanto física como mental, nesta situación e para a vida en xeral.
Un proxecto conxunto con distintas liñas de investigación que se abordarán en cada unha das aulas. Coa presentación a cada grupo da liña de investigación a abordar comezamos o que será sen dúbida un percorrido moi enriquecedor e no que vos convidamos a participar.
Para calquera suxestión podedes poñervos en contacto con nós en bibliooutes@gmail.com
Despois da súa presentación a finais de novembro, poñémonos en marcha!
martes, 22 de decembro de 2020
NADAL NO CEIP DE OUTES!
Xa que as medidas sanitarias non nos permitiron pasearnos como quixeramos polo cole, imos a facer ese paseo de xeito virtual.
QUE O DISFRUTEDES!
xoves, 17 de decembro de 2020
CALENDARIOS ANUAIS A TONO CO PDI
Pois si, este ano os nenos e nenas inspiráronse nas temáticas que están a abordar para facer os deseños dos calendarios. Quedaron ben chulos e algún leva mensaxes ben importantes!
martes, 24 de novembro de 2020
25 NOVEMBRO. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
PARA ACCEDER PREMEDE NA IMAXE E DESPOIS NO PDF PINCHADE NAS PORTADAS
CURTAS
E tamén vos deixamos un enlace a un taboleiro en Pinterest con material audiovisual en colaboración co Equipo de Convivencia do cole.
luns, 23 de novembro de 2020
20 NOVEMBRO. DÍA DOS DEREITOS DAS NENAS E OS NENOS
Polo 20 de Novembro, Día dos Dereitos das Nenas e dos Nenos, o equipo de Extraescolares propúxonos unha reflexión por aulas acerca de un dos dereitos, que recolleron de forma conxunta no vídeo que vos deixamos a continuación.
Ademais, porque teñen dereito falar, ser escoitadas, comprendidas, dereito a participar e opinar sobre aquilo que lles afecta, aproveitouse esta data tamén para a celebración da 2ª reunión do Consello Escolar da Infancia, como fantástica e xenuína forma de reivindicar este importante día.
luns, 16 de novembro de 2020
ESTREA D@S COLABORADORAS E COLABORADORES
Este é un ano complexo, no que como sabedes decidimos pechar o espazo físico da biblioteca. Esta decisión tomouse por dous motivos: o primeiro garantizar a máxima seguridade sanitaria a nivel de centro, pero tamén é certo, que aproveitando a circunstancia, abordaremos a recolocación e mellora do espazo para que cando poidamos empregalo sexa un espazo o máis cómodo, acolledor e práctico posible.
A pesar de pechar o espazo físico, a biblioteca como entidade segue cos motores en marcha, e non queriamos deixar de ofrecer a oportunidade aos nenos e nenas de sexto de colaborar na biblioteca. Unha oportunidade que empodera a este alumnado, ofrécelle coñecementos específicos e sobre todo favorece a súa inclusión na organización de tarefas varias, iniciándonos en propostas de aprendizaxe servizo que serán moi valiosas para as súas vidas.
Polo que puxemos en marcha o programa igualmente, porque colaboración séguese e seguirase precisando. Esta semana foi a estrea dos equipos, que funcionan por grupo burbulla igual que no resto de actividades do centro. E comezaron traballando en dúas liñas fundamentalmente.
Por un lado, a colaboración na montaxe e recolocación dos mobles da biblioteca, tarefa coa que temos traballo para unha boa tempada:
xoves, 12 de novembro de 2020
OBXECTIVOS DA AXENDA 2030 DA ONU















