Para celebrar a semana da poesía organizouse unha actividade, na que en grupos interniveis o alumnado traballou con versos de diferentes poemas e de diversa
autoría todos co tema da igualdade. Con
estes versos, os grupos crearon novos poemas, que despois recitaron para o
resto do alumnado.
venres, 20 de marzo de 2020
xoves, 12 de marzo de 2020
Día da muller traballadora
Para
conmemorar o día da muller traballadora fixemos unha exposición de fotografías de mulleres da comunidade educativa traballando (presentes
ou pasadas). Decoramos a exposición ca temática do mar, a parellos de pesca e barcos de papel violeta; xa que éste está moi presente na vida das mulleres polas
características da contorna. Quedou moi fermosa!
luns, 9 de marzo de 2020
Club de lectura: 2º trimestre
No segundo trimestre lemos "Correo Urxente" de Paula Carballeira e "O Misterio do Torque de Burela", de Antía Yáñez.
Paula Carballeira (Fene, 1972) é licenciada en Filoloxía Hispánica; dedícase profesionalmente ao teatro e á narración oral. Participa en diversos programas da TVG e ten colaborado como locutora na Radio Galega. Como autora de literatura infantil publicou as seguintes obras: A percura (1990); Robín e a boa xente (1995); Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima (1996); Olo-iepu-iepu (1999); Mateo (1999); Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico (Xerais 1999); Paco (2001); Correo urxente (2001); O ganso pardo (2002); A era de Lázaro (2004); Smara (2006); Boas noites (Xerais 2007), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007 e O refugallo (Xerais 2013), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2011. Ten publicado, ademais, o poemario Contatrás (2006).
Sinopse: Milio é un bo cociñeiro. E coñece moitas historias divertidas, historias que lles conta á súa irmá e aos nenos e ás nenas. Porque Milio é o cociñeiro dun colexio.
Antía Yáñez (Burela, 1991) é enxeñeira de Camiños, aínda que nunca exerceu a profesión. Entre os premios outorgados á súa obra atópanse o Certame de Microrrelatos "Lonxa Literaria" 2013, de Moaña, o Premio de Relatos Curtos “Os Viadutos” 2014, de Redondela, e o Certame Literario de Poesía e Narración Breve de Cambre (2016). Actualmente compaxina a escrita coa xestión dunha academia en Cecebre (Cambre), onde imparte obradoiros de escritura para rapazas e rapaces. O misterio de Portomarín é a súa primeira novela.
Sinopse: Son milleiros de rapazas e rapaces os que coñecen estes catro irmáns e un can especialista en investigar misterios inquedantes. Percorren Galicia vivindo aventuras e descubrindo asasinatos e roubos. Son infalibles. Nesta nova hisoria, demóstrano unha vez máis…
venres, 28 de febreiro de 2020
Día de Rosalía
Para
celebrar o día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro, repartíronse uns poemas a modo de pergamiño e co que envolvemos caraveis, que
se deixaron nas aulas para darlle unha sorpresa ó alumnado. Tamén se repartiron chapas conmemorativas deste día.
luns, 24 de febreiro de 2020
Tecnolab
Este curso temos un
novo espazo no centro, un laboratorio, espazo creativo, de construcción,
lóxico-matemático...
Na aula podemos atopar material de laboratorio e xogos de enxeñería, construción,
lóxica e resolución de problemas para crear un espazo científico e creativo.
Un grupo de voluntari@s axudou a preparar este espazo para que todos e todas poidamos desfrutalo.
Podes usar este espazo nos recreos; pero debes coller o teu carnet na biblioteca para poder entrar, xa que hai un número máximo de usuarios. Debes atender as normas de uso deste espazo e devolver o carnet a biblio cando termine o recreo. Si tes dúbidas de como usar o material, poderánche asesorar os axudantes de biblioteca.
venres, 31 de xaneiro de 2020
DÍA DA PAZ
Durante os últimos días estivemos facendo nas aulas unha escultura con caixas, a que chanmamos “IGUALDADE COMO FERRAMENTA PARA A PAZ”. É unha obra
reivindicativa na que se reflexan numerosas mostras de discriminación e
violencia sufridas polas mulleres nos distintos eidos artísticos.
luns, 20 de xaneiro de 2020
Proxecto: As mulleres na arte
Este curso vamos a levar a cabo un proxecto
para reivindicar o papel das olvidadas ou pouco recoñecidas nos distintos eidos
artísticos ao longo da historia.
Nove
disciplinas artísticas a avaliar e nas que reivindicar o papel das mulleres.
ESCULTURA
LITERATURA (Narrativa e poesía)
ARQUITECTURA
ARTES
ESCÉNICAS (Teatro e danza)
ARTES
VISUAIS (Pintura)
CINEMATOGRAFÍA
CÓMIC
MÚSICA
FOTOGRAFÍA
venres, 20 de decembro de 2019
Club de lectura
Este curso no club de lectura comezamos cas obras: "Escarlatina, a cociñeira defunta" e "A
señorita Bubble", de Ledicia Costas.
Ó rematar a lectura, cada participante
prepararou unha das receitas do primeiro libro e trouxéronas ó colexio para
ofrecerlle unha merenda sorpresa ao alumnado de infantil, foi unha actividade
moi desfrutada por tod@s.
luns, 7 de xaneiro de 2019
Novidades ludoteca
Este curso cambiamos a ludoteca do colexio de ubicación. Podédela atopar no primeiro andar xunto a aula de segundo. Nos recreos podedes vir a xogar cando queirades. Alí atoparedes xogos como parchís, ocas, xadreces, dominós, mikado, xogos de estratexia, preguntas e respostas..
Este curso seguimos incorporando novos xogos como os que hoxe vos presentamos.
Timeline. Juego de cartas
luns, 17 de decembro de 2018
Recomendacións de lectura para o Nadal
Aquí vos deixamos recomendacións de lecturas para cada idade e algúns xogos para este Nadal.
Felices festas de todo o equipo de biblioteca do CEIP de Outes.
luns, 5 de novembro de 2018
Concurso relatos Samaín

E aquí temos os gañadores do II Concurso de relatos de Samaín do CEIP de Outes.
Ed. infantil. Medo medazo. Sabela Vázquez.
1º ciclo. O Samaín. Brais.
2º ciclo. O lagarto. Carmen Torea Suárez.
3º ciclo. O neno pantasma. Xoán Rial Lestón .
Gracias a tod@s polos vosa participación. Costounos moito elexir só a un, sodes grandes escritores! Esperamos que vos gustasen os agasallos. Proximamente poderedes ver na biblioteca os relatos presentados nesta edición.
luns, 29 de outubro de 2018
Mercadillo solidario
Ola amig@s
Este curso volvemos a celebrar o mercadillo solidario, despois da boa acollida que tivo o ano pasado. Cada nen@ podía traer un quilo de comida non perecedeira ou productos de hixiene e cambialo por un libro. As doazóns entregáronse ao banco de alimentos.
Desta maneira, os libros que non se lle estaba dando uso, foron ata os vosos fogares e aquelas persoas que teñen escasos recursos económicos recibiron os alimentos que precisan.
luns, 15 de outubro de 2018
Concurso relatos Samaín
Ola
rapaces e rapazas, escríbovos esta carta porque se achega unha data que sei que
vos gusta moito: O SAMAÍN.
Para
celebrar esta festa dende a biblioteca precisan axuda, e ocorréuseme organizar
un concurso de relatos de medo.
Faredes
este conto na casa coa vosa familia, a extensión máxima será de tres folios por
unha cara.
Haberá
catro categorías no concurso:
-
Educación infantil.
-
1º e 2º de educación primaria.
-
3º e 4º de educación primaria.
-
5º e 6º de educación
primaria.
En
cada categoría haberá un gañador que recibirá como premio un libro de medo.
A
data máxima de entrega dos contos será o mércores 24 de outubro na miña
biblioteca.
O
xurado deste concurso será o equipo de mestras da biblioteca.
Espero
que vos animedes a participar e pasar todos xuntos un samaín terrorífico.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





















