E a esta nova biblio tocaba facerlle unha boa inauguración!
Todos os grupos foron pasando pola biblio e desfrutando dun ratiño de experiencias.
E ganas non faltan!
E a esta nova biblio tocaba facerlle unha boa inauguración!
Todos os grupos foron pasando pola biblio e desfrutando dun ratiño de experiencias.
E ganas non faltan!
Menuda novidade coa que comezamos este novo curso! Xa podemos estrear a nova biblio froito de todo o traballo do equipo de profesorado e alumnado colaborador da biblioteca do ano pasado.
Quedou moi práctica e fermosa, mirade! (podedes pinchar nas imaxes para velas en grande 😊
Felicitación do Conselleiro de Sanidade polo noso traballo, que queremos facer extensiva á Comunidade e ás entidades colaboradoras. Unha felicitación que é especialmente importante este curso complicado e histórico. Un curso que comezou cheo de incertezas e que rematamos plenas de orgullo de cole.
Un curso no que demostramos ademais que cando toda a Comunidade camiña da man poden facerse realidade moitos soños.Nova presentación dun libro de autocreación e autoedición. Outes Editora da moito de si, porque xa vos avanzamos que aínda non é a última presentación deste curso 🌟🥰
Con esta entrada queremos agradecer a todos os medios que deron cobertura á nosa campaña, porque grazas á mesma a nosa campaña chegou a moita máis xente, acompañando o obxectivo deste traballo, concienciar ao maior número de persoas da importancia de coidar a nosa saúde.
Deixámosvos os enlaces de todas as novas que saíron.
Premede nas imaxes para acceder ás novas completas!
Premendo na imaxe podedes aceder á web da campaña, cos produtos elaborados para a mesma, que vos convidamos a visitar.
Hoxe celebramos o acto de presentación oficial da campaña “COIDATE, COIDANOS. A saúde unha gran responsabilidade”.
Os nenos e nenas representantes do Consello da Infancia foron @sencargad@s de conducir o acto no que se fixo unha pequena descrición de todo o proceso levado a cabo e se proxectaron os spots da campaña.