venres, 8 de xullo de 2022

FEIRA OUTES SOSTIBLE

E despois de tanto secretismo para non desvelar nada do que estabamos a preparar e que puidesedes desfrutrar de todas as sorpresas que tiñamos preparadas na feira, chegaron os día grandes do noso proxecto "OUTES SOSTIBLE. Cidadás do presente para o futuro"! 

A FEIRA "OUTES SOSTIBLE"

A feira foi organizada en dúas quendas:

Unha primeira quenda para o alumnado, coa finalidade de que puidese acceder de xeito cómodo ao traballo de todos os compañeiros e compañeiras e facer unha práctica levando os stands que nos serviu de gran ensaio xeral. 


E unha segunda quenda pública na que foi unha marabilla por fin poder convidar ás nosas familias, veciñanza, e outras persoas convidadas ás que lle agradecemos a súa asistencia: asociación abisdismur, instituto, concello, Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia... 


MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS POR VIR 
E COMPARTIR ESTE DÍA TAN ESPECIAL CON NÓS!

1 comentario:

  1. Increíble ver todo o que traballaron os nosos nenos, o ben que entenden e saben explicar os seus proxectos, o orgullosos que se sentían de poder ensinar aos pais todo o que aprenderon, e en xeral a concienciación de todas as cousas que podemos facer pra mellorar e coidar o medio ambiente. Noraboa a todos os nen@s e profesor@s!!

    ResponderEliminar