venres, 25 de novembro de 2022
venres, 18 de novembro de 2022
RECOÑECEMENTO NO VIII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS
O noso proxecto de centro "OUTES SOSTIBLE. Cidadás do presente para o futuro" recibe o PREMIO no VIII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS de Bibliotecas Escolares de Galicia realizados durante o curso 2021/2022 baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar.
Este concurso busca estimular, mediante o recoñecemento de boas prácticas, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación da biblioteca ou co apoio desta.
Un novo recoñecemento ao traballo de toda a comunidade, cunha dotación neste caso de 2000€.
SEGUIMOS! E seguimos con moita forza!! 🥰🎉
venres, 28 de outubro de 2022
SAMAÍN CON MEMORIA!
Taller de cabazas, visita nocturna á exposición e desfile de distraces... 💣
E na BIBLIOTECA... LECTURAS A ESCURAS DE RELATOS DE MEDO ANTIGOS! Relatos deses que se contaban ao carón das lareiras e que recollemos no marco do noso PDI "Temos raíces, temos ás. Outes con memoria"
martes, 25 de outubro de 2022
24 de outubro. DÍA DAS BIBLIOTECAS
E que mellor día que a festa das bibliotecas para recoller todos eses soños! 📚✨
venres, 14 de outubro de 2022
PRESENTACIÓN PDI "TEMOS RAÍCES, TEMOS ÁS. OUTES CON MEMORIA"
Hoxe foi día de festa! Recibimos o novo proxecto deste ano “Temos raíces, temos ás. Outes con memoria” 💚
Cumprimos 50 anos e queremos falar da nosa historia da man das emocións. Recuperar as historias das persoas da nosa comunidade e aprender das nosas raíces para poder voar coas nosas ás.As colaboradoras e colaboradores de 6º foron s encargados de conducir o acto. Leron unha emotiva carta que nos trasladaba distintas claves do proxecto tras o que visionamos o vídeo introductorio.
Despois entregaron un pequeno agasallo ás aulas que dará comezo ao proceso de investigación.
xoves, 6 de outubro de 2022
NOVO EQUIPO DE COLABORADOR@S!
Primeira reunión co equipo de colaborador@s da biblio 22/23
Unha reunión que comezamos fóra para permitir o préstamo de outr@s compañeir@s e diafrutar da boa temperatura, e que rematamos na propia biblio para visualizar varios dos temas que tiñamos que tratar.
Nesta primeira reunión abordamos clasificación e organización dos fondos na biblio, organización e tarefas do equipo, programas da biblio e recollemos tamén a súa voz.
A idea era que comezaran o luns, pero están tan motivad@s que mañá xa teremos o luxo de contar coa súa colaboración! 💕MOITAS GRAZAS CHIC@S! 💪🏾🤙🏾
luns, 3 de outubro de 2022
OBRADOIROS "LECTURA E FAMILIAS" DO 1º TRIMESTRE
Xa temos a oferta dos obradoiros dispoñibles para o 1º trimestre dentro do programa “Lectura e familias”. Luxazo contar con Xosé Tomás, Imaxinatea Teatro e María Lado 🌟✨
xoves, 8 de setembro de 2022
sábado, 9 de xullo de 2022
DOSSIERES COLABORATIVOS PDI OUTES SOSTIBLE
Os dossieres que vos presentamos a continuación recollen todas as propostas de mellora ás que podemos afiliarnos para adoptar hábitos de vida máis sostibles.
Estes dossieres foron feitos de xeito colaborativo entre todo o alumnado do centro e como podedes observar diríxense a tres públicos distintos: cidadanía xeral, institucións públicas e tecido empresarial.
Premede nas imaxes para acceder aos mesmos 👇
DOSSIER CIDADANÍA
| DOSSIER INSTITUCIÓNS PÚBLICAS
| DOSSIER TECIDO EMPRESARIAL |
Agardamos que sexan de moita utilidade!
venres, 8 de xullo de 2022
FEIRA OUTES SOSTIBLE
E despois de tanto secretismo para non desvelar nada do que estabamos a preparar e que puidesedes desfrutrar de todas as sorpresas que tiñamos preparadas na feira, chegaron os día grandes do noso proxecto "OUTES SOSTIBLE. Cidadás do presente para o futuro"!
A FEIRA "OUTES SOSTIBLE"
A feira foi organizada en dúas quendas:
Unha primeira quenda para o alumnado, coa finalidade de que puidese acceder de xeito cómodo ao traballo de todos os compañeiros e compañeiras e facer unha práctica levando os stands que nos serviu de gran ensaio xeral.
luns, 4 de xullo de 2022
PROCESO DE PREPARACIÓN E MONTAXE DA FEIRA
Levamos moito tempo sen desvelar certas cousas nas que estamos a traballar, pero para montar a feira que puidemos disfrutar foi moitísimo o traballo abordado ao longo do curso.
Así que hoxe vimos para contarvos de xeito MOI, MOI resumido en que andivemos traballando!
Investigación e diagnóstico da situación. Investigamos aspectos diversos relacionados coas nosas liñas, os ODS 2030 que abordamos, a que fan referencia, preparamos enquisas para a comunidade, fixemos o estudo estadístico e traballamos ese datos á par da información coa que contabamos.
Con toda esa información traballamos sobre a proposta de liñas de mellora que recollemos en 3 dossieres para a cidadanía, institucións públicas e empresas.
De xeito gráfico tamén plasmamos esas melloras en INFOGRAFÍAS, para as que tivemos que facer un estudo previo desta tipoloxía textual
En base a toda esta análise iniciamos un proceso de prototipado a través da metodoloxía Design Thinking, na que tivemos que empatizar coas necesidades que observabamos para crear solucións tecnolóxicas que abordasen a mellora desas problemáticas.
Aquí discurrimos moitísimo sobre as funcionalidades dos nosos inventos, en base a que debían poñerse en marcha, que ía a poñerse a funcionar... É o que en linguaxe computacional se denomina INPUTS e OUTPUTS... iso xa volo contamos con calma nas casas 😉
E ademais queriamos darlle vida a todo iso que maquinábamos e para iso empregamos dúas placas, a MAKEY-MAKEY e a MICROBIT, que programamos a través dos programas SCRATH e MAKE-CODE respectivamente. Aquí aprendemos moitísimas cousas novas, de programación e de electricidade/electrónica, que primeiro tiveron que aprender o profesorado coa axuda de Paola Guimeráns... Porque menuda "enjundia".
Unha parte xenial deste proceso, foi que como @s maiores aprenderon moito máis rápido estas cousas, despois viñeron aos cursos d@s peques a ensinarnos e axudarnos. UN PROCESO COLABORATIVO en toda regla!
E con toda a información recabada, os deseños dos nosos prototipos e as maquetas dos mesmos... TOCABA PREPARAR OS NOSOS STANDS NA FEIRA!O resto da historia xa a coñecedes! E si, como nos dixéchedes moitas veces na feira, traballamos moito e aprendemos moito, pero o mellor foi que o fixemos con alegría e que por fin o puidemos compartir con vós en directo!
venres, 17 de xuño de 2022
UN MUNDO DE CONTOS NA RADIO
Por fin fomos quen de convocar ás familias que nos agasallaron con contos do máis internacional polo Día da Narración Oral coa finalidade de perpetuar eses contos na radio.
Podedes ver como foi aquel fermoso día no seguinte enlace https://bibliooutes.blogspot.com/2022/03/un-mundo-de-contos-polo-dia.html
O alumnado de 1ºA foi o encargado de levar as entrevistas e fixérono xenial!
Aquí os tedes!
Disfrutádeos tanto como o fixemos nós en directo!!
venres, 3 de xuño de 2022
Obradoiro LIBROS DE FAMILIA con PABLO OTERO coas familias
Tardes que pasan voando. Esa foi a sensación que nos quedou cando finalizou o obradoiro "Libro de familia" con Pablo Otero.
