Moitas grazas a tod@s polos parabéns recibidos a causa das última boas novas recibidas.
Compartímosvos os recibidos do Conselleiro de Educación. PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE!E... FELICES FESTAS! 🌟
Moitas grazas a tod@s polos parabéns recibidos a causa das última boas novas recibidas.
Compartímosvos os recibidos do Conselleiro de Educación. PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE!Hai uns días conmemorábamos o Día Internacional das persoas con diversidade funcional e presentábamosvos algunhas novidades bibliográficas nas que se incluían materiais adaptados en Braille, con pictogramas ou, simplemente, que afondaban na temática da inclusión.
Ben, pois ese non é o único camiño que percorremos para facer da nosa biblioteca un lugar máis inclusivo. Os colaboradores e colaboradoras de 6°B veñen de aprender a manexarse con algunha aplicación web na que descargar pictogramas e así poder acompañar as diferentes seccións da biblioteca cunha imaxe representativa que axude a todo o alumnado a acceder aos libros que desexa.NOVO PREMIO no VII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS de Bibliotecas Escolares de Galicia realizados durante o curso 2020/2021 baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar.
Este concurso busca estimular, mediante o recoñecemento de boas prácticas, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación da biblioteca ou co apoio desta.Colaborador@s, es@s peques indispensables do equipo da biblio.
Hoxe colocación de devolución de préstamos, ordenación e sinalización de libros según lingua galego/castelán e nivel lector.
Aprendendo á vez que fan unha gran labor de voluntariado cultural 🌟ESTAMOS DE NORABOA!
O Ministerio de Educación e Formación Profesional ven de publicar a Resolución do “Concurso Estatal de Buenas Prácticas en centros docentes” no que o noso PDI “Mens sana in corpore sano” foi recoñecido como proxecto de mellora da calidade educativa, e premiado cunha dotación de 10.000€.Por iso desde hoxe no cole quixemos poñernos na pel das persoas con diversidade funcional e ser conscientes dalgunhas das súas dificultades. A proposta do Equipo de Convivencia organizouse un circuito para poder experimentar as barreiras ás que se enfrentan estas persoas a diario empregando unha cadeira de rodas, muletas, antifaces ou unha silla anfibia.


As voces do noso alumnado en contra das violencias de xénero.
Unha instalación artística baseada na obra de Elina Chauvert, “Zapatos rojos” na que simbolizamos todas as violencias exercidas contra as mulleres.O Club de Lectura celebrou a súa primeira reunión! ✨
Nesta, falaron de varios libros, leron as súas sinopses e fixeron a escolla da súa primeira lectura. Se queredes saber cal é pasade foto!Pois as Xornadas de Bibliotecas Escolares remataron e foron fantásticas.
Un luxo escoitar a grandes como Carlos Scolari, Susana Pedreira, Pep Bruno e Paula Carballeira, mestr@s tod@s el@s da palabra.Formación con Paola Guimeráns sobre Design Thinking, pensada para revertir de forma directa no proxecto de centro deste curso.
Gran participación, implicación e marabilloso clima! Desfrutando de aprender🌟
Chegou o Samaín, e con el as lecturas máis terroríficas do ano! Lecturas terroríficas, pero tamén outras que nos axudan a falar dos nosos medos, a socializalos e facelos máis pequenos.
Así se atoparon esas lecturas na entrada da biblio... 👻