Recoñecemento á nosa biblioteca. Centro seleccionado na Resolución de 18 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, para o curso 2021/22.
Este selo é un distintivo de calidade en termos de traballo solidario e a favor da comunidade escolar, e recoñece os esforzos das comunidades educativas por conformar "Bibliotecas escolares solidarias" que axuden a paliar as desigualdades no acceso ao coñecemento.
Moi felices de recibir este recoñecemento e con ganas de seguir traballando para seguir mellorando da man da comunidade, xa que a calidade da ensinanza é cousa de todos e todas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario