Despois traballar intensamente nas distintas liñas de investigación, chega o momento de dar difusión ao noso traballo e lanzar a
CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN SANITARIA
"CÓIDATE, CÓIDANOS. A saúde unha gran responsabilidade"
Esta fase de difusión, que terá varias etapas, comeza coa SEMANA DA SAÚDE dirixida á nosa comunidade máis cercana, alumnado e familias, aínda que estará publica no blogue.
Nesta semana, cada día visionaremos os produtos de unha das liñas de traballo e reflexionaremos sobre o que @s compañeiros e compañeiras nos conten, resultado das súas investigacións.
Convidámosvos a que o fagades tamén na casa e retomedes esas conversas sobre os contidos de cada día en familia. Deixámosvos o cartaz co programa e agradecemos moito a vosa colaboración.
En breve seguiremos informando das seguintes accións!
Ningún comentario:
Publicar un comentario